29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 23 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

é un dereito e unha ferramenta de participación plena na vida social, cultural e democrática do país e fomenta a identificación con Galiza e o seu pobo. Demandamos tamén que un acreditado coñecemento da lingua e cultura galegas sexa admitido como criterio para acceder á nacionalidade española, con independencia do coñecemento do español, ao demostrar unha integración na sociedade galega e unha vontade clara de pertencer a ela.

Nos últimos anos vemos con enorme preocupación o avance de discursos de odio aberta e desacomplexadamente racistas e xenófobos que poñen en cuestión e ameazan os dereitos máis básicos e fundamentais das persoas inmigrantes e do conxunto da sociedade.

Para unha forza política como o BNG, construír sociedades inclusivas, orgullosas da súa diversidade e nas que os dereitos humanos de todas as persoas sexan garantidos é unha obriga;

porén, na actualidade isto non é así. Moitas persoas son vítimas de comportamentos e actitudes discriminatorias, racistas e xenófobas que proceden do ámbito privado mais tamén do público.

Desde o Bloque Nacionalista Galego asumimos o compromiso de:

Impulsar as reformas lexislativas necesarias para garantir os dereitos da poboación inmigrante (vivenda, traballo, atención sanitaria, educación...) así como favorecer e facilitar os procesos de regularización administrativa.

Garantir o cumprimento do dereito internacional en materia de protección da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.

Reclamar a dotación dos recursos humanos e materiais necesarios ás oficinas de estranxeiría para garantir a debida atención, no tempo e na forma, da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.

Defender a erradicación de calquera forma de discriminación e actitude racista nas administracións públicas.

Demandar o peche dos Centros de Internamento para Estranxeiros (CIEs) no Estado español e o fin das deportacións en quente, garantindo o respecto escrupuloso dos dereitos humanos para a poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo.