29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 33 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

3. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE O BNG defende e traballa a prol dunha sociedade máis xusta, equitativa e solidaria. Para conquistala son imprescindíbeis uns servizos públicos, universais, fortes e de acceso gratuíto, así como datos dos medios humanos e materiais necesarios para atender coa máxima calidade as necesidades presentes e futuras das galegas e dos galegos.

Porén, o centralismo na repartición de recursos económicos fai que Galiza reciba menos financiamento do que lle correspondería e limita a capacidade para soster os nosos servizos públicos esenciais.

3.1. EDUCACIÓN A educación, como piar básico na construción dunha sociedade galega xusta, solidaria e igualitaria, está no celme das políticas do BNG. Consideramos que os poderes públicos teñen que garantir unha educación pública, universal e gratuíta de 0 a 18 anos que contribúa para formar persoas críticas e libres, para a transformación social, para a normalización lingüística, para valorar e coñecer a nosa cultura e historia e para o desenvolvemento integral de Galiza. Cremos nun ensino integrador e coeducativo, democrático e feminista, que faga da equidade social o seu elemento vertebrador.

Un modelo educativo galego, asentado na nosa realidade, co impulso das nosas potencialidades e ao servizo das necesidades da nosa sociedade, só se pode construír desde o ensino público e cuns fondos alicerces na laicidade, na coeducación, na inclusión, na igualdade de oportunidades e na democracia. Unha educación concibida como un servizo público, cuns altos niveis de calidade e ao servizo do pobo e dunha Galiza soberana, precisa dotarse de todas a competencias para a súa ordenación no ámbito galego.

O actual sistema educativo emana do Estado centralista que, mediante os artigos 3 e 27 da Constitución, asegura a privatización, a confesionalidade e a españolización do ensino. O Estado continúa reservando para si numerosas competencias DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE ·