29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 36 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

Regular a avaliación propia do persoal docente e investigador a través dunha ACSUG reforzada e coordinada co resto de axencias autonómicas e coa ANECA, regular a ordenación dos corpos docentes universitarios e do persoal docente e investigador laboral, desde as figuras de acceso ás permanentes, eliminando a precariedade e regulando unha carreira profesional, investigadora e académica nas universidades públicas galegas.

Incrementar o financiamento das universidade públicas , tomando como referencia o 1,5% do PIB, para evitar que continúen co camiño de privatización encuberta, e favorecer a participación dos proxectos de investigación universitaria nos programas de I+D+I.

Transferir a Galiza as competencias e medios materiais da Universidade a Distancia (UNED) , da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións Científicas.

Transferir a competencia da xestión e da concesión de bolsas e axudas ao estudo universitario, superando o actual modelo de repartimento e garantindo o acceso universal á ensinanza superior.

Mellorar a acción protectora do seguro escolar e transferilo á Xunta de Galiza.

Eliminación da taxa de reposición.

Programas específicos para garantir o relevo xeracional evitando o envellecemento do cadro de persoal.

Programas específicos de financiamento de vivenda para o estudantado, en especial a través de residencias públicas universitarias.

Programas específicos de financiamento de transporte universitario.

3.2. SANIDADE A situación da sanidade pública é un dos primeiros temas de preocupación para a poboación galega; algo máis que xustificado, xa que o seu deterioro non fai máis que aumentar. A situación non pode máis que cualificarse de alarma sanitaria, na que as persoas máis vulnerábeis son as máis afectadas.

DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE ·