desaparición do 2º piar da PAC, fundos FEADER, e con elo as medidas de desenvolvemento rural.
Defensa dunha nova orientación das políticas estatais en materia forestal e ambiental co obxectivo de recuperar o bosque autóctono, diversificar usos e ordenación do territorio con creación de valor engadigo no país, fronte a un modelo de monocultivo ao servizo de grandes intereses industriais.
O Estado debe asumir que Galiza precisa unha política forestal diferente, coherente co interese xeral e coa loita contra a crise climática. A expansión descontrolada do eucalipto, amparada por unha pseudomoratoria chea de excepcións, agravou o abandono do monte, incrementou os riscos de incendio e empobreceu a base produtiva do medio rural.
4.3.2. SECTOR PESQUEIRO Galiza é a primeira potencia de Europa no complexo mar-industria. Porén, o feito de seren outros —Madrid e Bruxelas— os que deciden por nós prexudicou e continúa a prexudicar gravemente a nosa frota pesqueira e a súa actividade derivada. Precisamos que sexa Galiza a que negocie directamente os tratados pesqueiros con terceiros países, nomeadamente con Portugal no relativo á cota da sardiña.
No inmediato, o BNG reclama:
O recoñecemento da Galiza como “ zona altamente dependente da pesca” .
Eliminación do principio de estabilidade relativa, en vigor desde o ano 1986 e que non deixa de ser unha discriminación para a frota galega.
O recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galiza , a súa participación e consentimento naquelas cuestións de especial relevancia en materia pesqueira, nomeadamente, na reforma ou na revisión da PPC.
A negociación da distribución equitativa de cotas de pesca para a frota galega , que parta da capacidade extractiva do sector.
A exixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC e cotas .
A redución do IVE aos produtos pesqueiros.
A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS ·