29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 54 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

control público da enerxía, á consideración do acceso á enerxía como un ben público e esencial e cuxa implantación pivote en función do desenvolvemento social e económico das zonas produtoras.

Impulsar unha tarifa eléctrica galega que considere, a través de redución nas peaxes do transporte, o papel de Galiza de nación excedentaria na produción eléctrica, compensando o impacto ambiental e social derivado da súa produción.

Modificar a estrutura do sistema eléctrico, reformando a configuración da factura enerxética para pór fin á especulación das grandes eléctricas e garantindo que a súa retribución se estipule con base aos custos recoñecidos de produción.

Transferir as competencias en materia enerxética , de maneira que se corrixa a anomalía democrática de que, malia estar especializada na produción, Galiza teña impedimentos para deseñar o seu propio modelo enerxético e de descarbonización de maneira acorde ás súas necesidades enerxéticas, sociais, económicas e medioambientais, garantindo o control público galego deste sector estratéxico.

Singularmente, cómpre:

Transferir as competencias en materia enerxética (planificación, ordenación, redes de transporte e distribución, xestión oferta/demanda, impulso modelo descentralizado e de proximidade) e alcanzar o compromiso do Estado para que sexa preceptivo o acordo coas comunidades autónomas nos plans de ámbito estatal e nas negociacións de ámbito supraestatal.

Reformar a Lei do sector eléctrico , de forma que Galiza poida decidir sobre as instalacións enerxéticas de máis de 50MW e desenvolver plenamente o artigo 27.13 do actual Estatuto de Autonomía.

Retirar os POEM e declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños offshore, tanto en augas interiores como na plataforma continental, por se entenderen incompatíbeis esas instalacións coas actividades pesqueiras e marisqueiras, coa protección medio ambiental ou coa execución de competencias en salvamento marítimo, que se consideran preferentes do punto de vista dos intereses nacionais galegos, económicos, sociais e ambientais.

Recuperar as garantías ambientais e a participación cidadá na implantación de proxectos eólicos, rectificando as medidas incorporadas no RDL 20/2022 que permiten ás grandes A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS ·