29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 65 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

6. FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA O sistema económico capitalista baseado na acumulación, no incremento exponencial do consumo e na extracción masiva de recursos naturais contribuíu decisivamente á aceleración e agravamento dos procesos de degradación ambiental: perda de biodiversidade, deterioro dos ecosistemas e das paisaxes, proliferación de especies invasoras, contaminación do solo, do ar e das augas, etc. Xunto con estes procesos, a cara máis visíbel da crise ecolóxica é a mudanza do clima, que deriva en emerxencia pola proliferación de fenómenos meteorolóxicos extremos (incremento das temperaturas medias, ondas de calor recorrentes, episodios de seca continuada, sucesión de temporais e chuvias torrenciais…) e as súas consecuencias devastadoras para a saúde, a vida, os ecosistemas, as infraestruturas, as emerxencias ou as actividades económicas. A recorrencia e intensidade dos grandes incendios forestais constitúe a manifestación máis evidente dos riscos extraordinarios para a poboación, os núcleos habitados, a biodiversidade ou a economía.

Desde o BNG rexeitamos e combatemos estes sistema que pon en risco a vida das persoas e ameaza o futuro do planeta.

Asumimos que estamos diante dun reto de máxima relevancia ao que temos que dar unha resposta acaida como sociedade e como país. Unha resposta que poña o foco nas causas estruturais desta crise, que sinale e combata a quen pretende incrementar os lucros a costa da emerxencia e que propoña unha alternativa

-sustentábel e autocentradaao espolio colonial dos nosos recursos e da nosa riqueza.

Por iso, o BNG aposta por unha Galiza con plena capacidade para decidir en materia ambiental, que poida aplicar políticas avanzadas e transformadoras neste ámbito. Defenderemos en todos os ámbitos, e nomeadamente nas Cortes, a superación dun modelo dependente e extractivo que converteu a Galiza en fornecedora de materias primas e enerxía, con altísimos custos sociais e ambientais. Asemade, combaterá un sistema económico e social baseado no espolio dos recursos naturais, no hiperconsumismo, na cultura de “usar e descartar”, no descontrol e dispendio de recursos como a auga ou a enerxía, e na xeración excesiva de residuos.

FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA ·