29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 75 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

8. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL:

INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANTIDOS A soberanía dixital é clave para a democracia, unha economía propia e a continuidade cultural de Galiza. Fronte ao control corporativo, cómpre un modelo que xestione os datos para o ben común, aplique garantías democráticas á IA e poña as infraestruturas ao servizo do desenvolvemento social, industrial e ambiental da nosa terra. Por iso, o BNG defenderá no Congreso unha política soberanista que democratice a tecnoloxía con infraestruturas públicas, protexa a cidadanía dos algoritmos e garanta o galego no ecosistema dixital.

Reivindicamos o dereito a deseñar un sistema propio baseado na tecnodiversidade. Mentres Galiza non poida decidir plenamente sobre a súa esfera dixital, impulsaremos no Estado as seguintes medidas:

8.1 Soberanía dixital, competencias e desenvolvemento dun ecosistema galego de intelixencia artificial Transferencia de competencias e recursos. Reclamar a transferencia das competencias exclusivas do Estado en telecomunicacións, espazo audiovisual, infraestruturas dixitais, ciberseguridade e certificación da identidade, xunto cos correspondentes fondos e medios.

Dereito á soberanía dixital. Impulsar no Congreso o recoñecemento do dereito dos pobos a determinaren a súa esfera dixital e a garantiren a representación das súas diferenzas culturais e produtivas como un dereito humano e colectivo básico.

Financiamento dun ecosistema público galego de IA. Reclamar do Estado os recursos necesarios para desenvolver un ecosistema galego de intelixencia artificial orientado á tecnodiversidade e aos grandes retos económicos, sociais, culturais e ambientais do noso país.

DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… ·