29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 78 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

Cooperación galego-portuguesa. Aproveitar o espazo lingüístico galego-portugués para compartir recursos tecnolóxicos e corpus.

En cumprimento da Lei Paz-Andrade, garantir o acceso algorítmico por defecto aos contidos e medios de comunicación de Portugal e do Brasil, e viceversa.

Dereito a modelos adaptados á nosa cultura. Promover o dereito dos pobos a exixiren versións dos grandes modelos de IA adaptadas á súa propia cultura, adestradas cos seus propios corpus e aliñadas cos seus consensos democráticos.

Ciencia aberta e retorno social. Modificar a Lei da Ciencia para que o software, algoritmos, patentes e propiedade intelectual derivados de proxectos financiados con fondos públicos ou desenvolvidos nas universidades públicas galegas e empresas se liberen baixo licenzas abertas, evitando a súa captura por parte de monopolios privados.

8.4. Datos e coñecemento en man común Os datos xerados colectivamente pola cidadanía, polas Pemes e polas comunidades constitúen unha fonte de valor económico e social que non pode quedar sometida en exclusiva aos intereses das corporacións transnacionais. Defendemos modelos que manteñan a propiedade, o control e o valor dos datos no territorio onde se producen.

Desenvolvemento de cooperativas de datos. Impulsar no Estado a lexislación europea sobre goberno de datos —Regulamento (UE)

2022/868— mediante normativa e financiamento específicos para fórmulas de xestión colectiva.

Datos colectivos como ben común. Promover unha xestión democrática da información xerada por comunidades e Pemes, co obxectivo de preservar os dereitos das comunidades produtoras e evitar a apropiación unilateral do seu valor por parte de terceiros.

Acceso común ao coñecemento. Instar o Goberno do Estado a defender ante a Unión Europea e os organismos internacionais a declaración do coñecemento xeral da humanidade como un ben en man común.

Modelos de IA e coñecemento universal. Promover que os modelos de IA de risco sistémico adestrados con coñecemento de DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… ·