noso país, rexeitando que sexamos unha mera zona de paso ou de consumo asimétrico de recursos.
Amarre de cables submarinos internacionais. Impulsar desde o Estado a posición xeoestratéxica de Galiza como nodo de interconexión atlántico, promovendo activamente o amarre de cables submarinos internacionais na costa galega baixo estritos criterios de sustentabilidade ambiental.
Corredor dixital atlántico. Promover un corredor de conectividade e alta tecnoloxía co norte de Portugal e a cornixa cantábrica que favoreza o intercambio científico, a cooperación en innovación e o pulo a un tecido de Pemes de alto valor engadido.
Planificación territorial de infraestruturas. Reclamar que a lexislación estatal subordine os centros de datos á planificación e control das administracións territoriais competentes, garantindo que sirvan para potenciar os ecosistemas produtivos locais.
Retorno industrial e valor engadido. Orientar todas as novas redes e infraestruturas atlánticas cara á creación de actividade industrial real, o fortalecemento da investigación pública e a innovación, asegurando que a nosa xeografía se traduza en capacidade efectiva de decisión.
DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… ·