29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 90 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

outros pobos. Reforzo do control parlamentar neste ámbito.

Cancelación dos acordos bilaterais España-USA e instar á retirada dos efectivos militares no Estado español.

5.

Rexeitamento ao incremento do gasto militar e ao acatamento das directrices OTAN e Estados Unidos neste ámbito.

Redución progresiva das cantidades millonarias dilapidadas nesta materia, que ademais implican recortes en servizos públicos esenciais como a sanidade, o ensino e os servizos sociais.

Opoñerse, no ámbito da UE, á militarización e ao desvío orzamentario de partidas sociais destinadas a fins militares e á industria bélica. Excluír da explotación nos plans de minaría, no ámbito das actuais competencias españolas en materia de lexislación básica sobre minaría e dos plans de exploración mineira, aquelas materias primas -litio, coltán, neodimo, berilio, etcdefinidas como críticas e estratéxicas para uso militar pola OTAN e a UE.

Avanzar no proceso de desmilitarización de Galiza e devolución paulatina dos espazos (a comezar polos declarados de non interese militar) para uso civil e traspaso á Xunta.

Defender unha nova arquitectura internacional igualitaria entre os pobos, non xerarquizada, que recoñeza o dereitos das nacións á súa libre determinación -a comezar pola nosae a se relacionaren en pé de igualdade, sen inxerencias nin agresións en coherencia coa nosa visión pacifista e antiimperialista. No inmediato:

a) Anular o cambio de posición do goberno español a respecto do dereito á autodeterminación do pobo saharauí, condenando enerxicamente a ocupación marroquí do Sáhara Occidental, e instando a que o Estado español impulse un referendo de autodeterminación con garantías democráticas.

b) Condenar enerxicamente o Estado de Israel pola ocupación e colonialismo nos territorios ocupados da Palestina.

Recoñecemento real e efectivo do Estado palestino.

c) Chamar á fin das agresións imperialistas, particularmente no Oriente Medio e no Norte de África.

d) Rexeitar a política de inxerencia dos Estados Unidos, que busca desestabilizar os gobernos progresistas de América Latina, e que mantén a agresión a Venezuela e o bloqueo a Cuba.

GALIZA POLA PAZ ·