29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 15 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

favoreza novos dereitos e regulacións que nos fortalezan como clase traballadora ante a nova situación de crise e as novas formas de explotación e precariedade.

Con ese obxectivo, o BNG defende:

Transferir a Galiza todas as competencias pendentes en xestión do traballo, emprego, formación e recoñecemento de prestacións.

Recoñecer a participación institucional real das centrais sindicais coa condición legal de máis representativas fronte a exclusión práctica das non estatais.

Adoptar medidas que garantan o exercicio pleno dos dereitos laborais e a liberdade sindical, penalizando de maneira contundente o acoso laboral e as medidas represivas por parte das empresas.

Cumprir de maneira efectiva a Carta Social Europea como marco básico de dereitos.

Derrogar integramente das contrarreformas laborais que consolidaron a mudanza aprobada en 2021 e impulsar unha modificación integral do Estatuto do Traballo para restituír, entre outros dereitos:

Os 45 días de indemnización e un máximo de 42 mensualidades por despedimento improcedente.

A autorización administrativa nos despedimentos colectivos.

Os salarios de tramitación.

Medidas que poñan control á subcontratación para a equiparación real de dereitos dos traballadores e traballadoras e para que haxa un fortalecemento da negociación colectiva.

A prevalencia dos convenios sectoriais sobre o da empresa —non só nos salarios— así como a prevalencia dos convenios de ámbito provincial ou galego sobre os convenios de ámbito estatal.

Promover a implantación da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución salarial, e avanzar no horizonte da xornada de 32 horas semanais en 4 xornadas.

Incrementar o Salario Mínimo Interprofesional até o situar no 60 % do salario medio, tal e como fixa a Carta Social Europea conforme aos datos do EUROSTAT. Prohibir expresamente que o SMI sexa compensábel ou absorbíbel por outros