complementos salariais. Aprobar a descentralización do SMI para que en Galiza teñamos competencia para mellorar o estatal.
Redefinir as causas económicas/organizativas do despedimento obxectivo (última ratio) e período de consultas mínimo dun mes con informe vinculante da Inspección.
Dar opción da persoa traballadora entre readmisión e indemnización nos despedimentos.
Desenvolver un Marco Galego de Relacións Laborais, é dicir, ter como obxectivo convenios de ámbito galego, mais tamén que, en todo caso, os convenios de nivel superior ao de empresa teñan prevalencia sobre os de rango inferior e tamén sobre os estatais. Igualmente, os acordos sobre materias concretas ou acordos de estrutura a nivel de Galiza deben prevalecer sobre aqueles de ámbito estatal de semellantes características.
Eliminar as Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as axencias privadas de colocación, a subcontratación en cadea, as falsas/os autónomas/os e asegurar a igualdade de condicións laborais e retributivas nos Centros Especiais de Emprego.
Reforzar o Servizo Público de Emprego (SEPE) e garantir a cobertura de todas as persoas sen ocupación.
Impulsar un plan de acción contra a sinistralidade laboral que abranga:
A promoción do emprego estábel naqueles sectores con maiores taxas de sinistralidade.
Un maior control e fiscalización das empresas e sectores que acumulan un elevado número de accidentes no traballo.
Redución obrigatoria da xornada laboral nas actividades máis perigosas, entre outras medidas.
Actualización lexislativa en acoso, riscos psicosociais e trastornos músculo-esqueléticos.
Mecanismos de paralización da actividade ante risco grave e inminente.
Protección na maternidade/lactación con risco.
Reforzo da vixilancia e protección onde haxa subcontratación ou descentralización produtiva.