29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 18 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

Fixos-descontinuos: subsidio sen tempo mínimo de cotización previa e duración mínima de 6 meses.

Revisión das táboas de cotización por desemprego para penalizar a contratación precaria e favorecer a indefinida a tempo completo.

Aposta polo emprego público fronte a privatización:

Garantir a revalorización salarial anual das empregadas e empregados do sector público.

Suprimir por lei a taxa de reposición; taxa de interinidade máxima do 5%; procesos selectivos executábeis en 12 meses.

Promover que a prestación dos servizos públicos se realice con persoal público (funcionario, laboral ou de empresa pública), restrinxindo as privatizacións e facilitando a internalización dos xa privatizados.

2.3. NA DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS O Bloque Nacionalista Galego defende o traspaso a Galiza das competencias correspondentes ao réxime da Seguridade Social para garantir unhas pensións dignas para toda a poboación en idade de xubilación. Entre tanto isto non acontece, traballamos para asegurar o sistema público de pensións e mellorar as condicións e a calidade de vida das e dos pensionistas presentes e futuros.

Debemos ter en conta que as pensionistas e os pensionistas galegos continúan a percibir as segundas pensións máis baixas do Estado –só por detrás de Extremadura-- e que as reformas aprobadas polos sucesivos gobernos españois nos anos 2011, 2013, 2021 e 2023, poñen en cuestión a viabilidade do sistema público co obxectivo único de promover e favorecer os fondos privados de pensións.

Diante desta situación, o BNG defende:

Derrogación das reformas das pensións aprobadas en 2011, 2013, 2021 e 2023.

Incremento das pensións mínimas até situalas como mínimo na mesma contía que o Salario Mínimo Interprofesional (60 % do salario medio, conforme ás cifras do EUROSTAT).

Revalorización anual das pensións conforme ao IPC real.