29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 17 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

Ampliación do recoñecemento legal de enfermidades profesionais.

Derrogar o IPREM (DL 3/2004), recuperando o SMI como único indicador de renda.

Prohibir as duplas escalas salariais e categorías de entrada, Realizar auditorías retributivas e plans de igualdade de obrigado cumprimento, con reforzo da Inspección de Traballo.

Limitar a duración máxima dos períodos de proba a 15 días e esixir causa motivada para a súa non superación.

Limitar a modalidade de contratación fixo-discontinúa:

chamamentos cun máximo de 2–3 meses de intervalo, preaviso mínimo de 15 días, indemnización de 45 días/ano por fin de chamamento; prohibición desta modalidade nas ETT e en xornada parcial.

Limitar a contratación a tempo parcial esixindo unha xornada mínima de 20 horas semanais, limitación do 15% do cadro de persoal a tempo parcial por empresa, restrición das horas complementarias (só indefinidos, non obrigatorias).

Garantir unha retribución do 100% do convenio os contratos formativos con duración inferior ao ano, prohibición en ERTE.

Estabelecer a subrogación obrigatoria na sucesión empresarial e na contratación pública.

Eliminar as modificacións substanciais en salario e redución de xornada, así como limitar os descolgues e a distribución irregular da xornada.

Restrinxir a aplicación de ERTE, evitando o seu carácter permanente e que se combinen con outras medidas de recorte laboral.

Estabelecer o rexistro dixital, transparente e con trazabilidade verificábel da xornada laboral e limitación da distribución irregular.

Aplicar medidas de control reforzado para os réximes de teletraballo, cun marco claro e limitacións á súa aplicación.

Elevar a protección por desemprego:

Prestación contributiva: Elevar a súa contía ao 75% da base reguladora os primeiros 180 días e 65% despois, non podendo ser nunca inferior ao SMI.

Subsidio por desemprego non inferior ao SMI en toda a súa duración.