29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 29 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

Envellecemento digno e sen LGBTfobia , con plans formativos específicos destinados aos profesionais do sector sociosanitario das residencias de terceira idade.

Loita contra os delitos de odio , garantindo unha correcta estatística e a promoción de medidas encamiñadas a erradicaren a discriminación.

Promoción de medidas positivas para a inclusión laboral e social das persoas trans .

Apoio e acompañamento das persoas LGBT+ migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo.

A supresión de calquera tipo de subvención ou axuda pública e a imposición de sancións para organizacións que teñen como obxectivo a negación e a vulneración dos dereitos das persoas LGBT ou que se expresen neste sentido.

A creación do servizo de igualdade de xénero e diversidade sexual a cargo dunha profesional con formación e dedicación específica en todos os centros de ensino.

A inclusión de contidos transversais e específicos no ensino obrigatorio e universitario , co fin de garantir a formación de profesorado e alumnado.

A concienciación e formación das e dos profesionais da sanidade a respecto das necesidades específicas de saúde sexual e reprodutiva das persoas LGBTI.

Protección das persoas trans migrantes permitindo o recoñecemento legal da súa identidade na documentación.

Protección das persoas trans menores de 12 anos, respectando o seu dereito á autodeterminación de xénero.

Recoñecemento das persoas non binarias.

2.8. NA DEFENSA DA DEMOCRACIA E DAS LIBERDADES PÚBLICAS Máis unha vez, un dos obxectivos do Bloque Nacionalista Galego para a próxima lexislatura será a defensa dos dereitos e liberdades públicas, tanto individuais como colectivas. Neste sentido, traballaremos polo respecto á vontade democrática dos pobos, a comezar pola vontade do propio pobo galego, e dos seus dereitos e liberdades cívicas, así como de todas as cidadás e cidadáns do Estado, sen exclusión. Así mesmo, apoiaremos e promoveremos iniciativas de participación popular en asuntos