29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 31 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

Redución do importe das sancións previstas para as infraccións de seguridade cidadá na Lei contra a Violencia no Deporte.

Transferencia a Galiza das competencias en materia de Institucións Penitenciarias co obxectivo de avanzar cara á unha lexislación penitenciaria actualizada e máis garantista e respectuosa cos dereitos fundamentais da poboación reclusa, reducindo as sancións por illamento, reforzando o papel das xuntas de tratamento e recoñecendo dereitos de sindicación ás persoas presas que traballen, entre outras medidas.

2.8.2. MEMORIA DEMOCRÁTICA Derrogar a Lei de Amnistía de 1977 , que segue a impedir as reivindicacións e o amparo xudicial das vítimas de crimes contra a súa vida e dignidade cometidos durante o réxime franquista, así como o recoñecemento da imprescritibilidade dos delitos de xenocidio e lesa humanidade e do principio de legalidade internacional.

Recoñecer o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria centrado no espolio e nas vítimas do franquismo . Após a sentenza que avanzou na devolución ao pobo galego do Pazo de Meirás, o BNG comprométese a traballar para que sexa cedido a Galiza garantindo que a titularidade e uso públicos respecten a súa verdadeira historia, reclamando que o espazo se centre na lembranza dos abusos e do espolio dos bens dos galegos e galegas polo ditador Franco e a súa familia e o recoñecemento das vítimas, así como a permitir a participación das entidades memorialistas na súa xestión. Ademais, o BNG seguirá a loitar pola recuperación dos demais bens espoliados polo ditador Francisco Franco e pola súa familia (Casa das Cunchas, Casa Cornide...).

Revisar o acordo polo que se declara as illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria democrática , de modo que de garanta a centralidade do seu significado como espazo de represión e resistencia e se impidan os usos que resulten ofensivos para as vítimas, as familias e a sociedade no seu conxunto.

Modificar a Lei de Memoria co obxectivo de rachar coa impunidade do franquismo e que garanta a tutela xudicial efectiva das vítimas e das súas familias.

Garantir a retirada efectiva da simboloxía, a prohibición de actos públicos de exaltación franquista e avances reais en medidas en