Actualizar as clasificacións das profesionais da sanidade pública para adaptalas aos criterios formativos, ás funcións e ás responsabilidades actuais.
Crear un novo Estatuto Marco para o conxunto das/os profesionais da sanidade pública , que non signifique recentralización de competencias xa transferidas a Galiza. Reforzar os dereitos das traballadoras e traballadores da sanidade pública, o exercicio das súas competencias coas remuneracións acordes ás mesmas.
Recuperar as retribucións íntegras das pagas extraordinarias íntegras para o persoal Estatutario.
Impulsar de maneira decidida a investigación das denominadas enfermidades raras , garantindo o seu financiamento público de forma adecuada.
Estabelecer as liñas prioritarias de investigación en saúde da muller , con financiamento suficiente, para avanzar no coñecemento das doenzas que lle afectan, revisar os padróns de síntomas e a evolución das enfermidades, así como:
Estabelecer indicadores de xénero nos protocolos de autorización e validación de ensaios clínicos.
Estabelecer liñas de investigación nas doenzas que afectan, ou teñen máis prevalencia, nas mulleres (endometriose, fibromialxia...).
Garantir representación equitativa de mulleres e de homes nos ensaios clínicos.
Impulsar estudos para coñecer a actuación dos tratamentos en canto a eficacia e seguridade.
Transferir todo o coñecemento xerado á sociedade, á formación e ás e aos profesionais.
Traspasar as competencias en materia de saúde penal á Xunta de Galiza para ser asumida polo Servizo Galego de Saúde, de conformidade co estabelecido na DA 6.ª da Lei de Cohesión do Sistema Nacional de Saúde 16/2003 de 28 de maio, de xeito que a atención a este colectivo se realice na rede sanitaria pública galega. Esta transferencia debe estar acompañada dos medios humanos, económicos, e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo, así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co SERGAS.
DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE ·