29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 40 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

Elaborar o currículo profesional do persoal TCAE , acorde coa actividade laboral que desempeña, e outorgarlle o nivel 3 que lle corresponde de clasificación profesional, así como derrogar a disposición transitoria 3.ª do EBEP, aplicando o seu artigo

76.

3.3. PERSOAS MAIORES, PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIAE PERSOAS CON DISCAPACIDADE As competencias en materia de coidados e benestar son da Xunta de Galiza, porén, o Goberno español ten a obriga de financiar o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD).

Neste senso, a reforma aprobada en 2026 das leis de dependencia e de discapacidade obriga –de maneira explícita-- a Administración Xeral do Estado a financiar o 50% do SAAD, algo que o nacionalismo galego vén reclamando historicamente.

Fronte ao modelo do Partido Popular que privatiza e fai negocio coa vellez, desde o Bloque Nacionalista Galego defendemos que a atención ás persoas maiores, ás persoas dependentes e ás persoas con discapacidade constitúe un piar fundamental do estado do benestar polo que os seus dereitos deben estar garantidos a través dunha rede de servizos públicos fortes.

Para tal fin, desde o BNG, comprometémonos a:

Exixir o cumprimento por parte do Goberno español das súas obrigas en materia de financiamento do SAAD , así como reclamar o pagamento da débeda contraída con Galiza desde a aprobación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e que actualmente supera os 3.000 millóns de euros.

Exixir que os fondos públicos destinados ao SAAD contribúen a blindar e fortalecer a rede pública de coidados (residencias, centros de día e de noite; o Servizo de Axuda no Fogar, centros de coidados intermedios...) e non a promover a privatización.

Reclamar mellores condicións laborais para as traballadoras dos coidados , a comezar polas traballadoras do SAF e das residencias de maiores.

DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE ·