29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 5 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

capacidade para determinar as decisións que se vaian adoptar en Madrid que afecten o noso País. Sabémolo por experiencia, só o pode garantir a representación do BNG, a única que responde exclusivamente diante do pobo galego e que defende sempre os seus intereses.

A mellor garantía, cumprimos os compromisos Á hora de votar, para alén de avaliar as propostas electorais e a quen interesan, é preciso tamén valorar o grao de cumprimento dos compromisos estabelecidos por cada forza política no anterior proceso electoral. Especialmente porque para as forzas estatais resulta tan fácil prometer como esquecerse de Galiza en canto pasan as eleccións.

Pola contra, podemos soster con orgullo que o BNG sempre cumpre os compromisos estabelecidos co pobo galego. Tamén o fixo nesta última lexislatura nun contexto especialmente complexo.

Con efecto, os nosos compromisos foron esencialmente tres: a defensa insubornábel dos intereses de Galiza; o impulso a políticas transformadoras, de avance en dereitos sociais e democráticos, que mellorasen a vida das clases populares galegas, e actuar sempre como muro de contención da involución promovida polos partidos da dereita reaccionaria.

E cumprimos.

O BNG conseguiu un acordo de investidura con medidas de grande relevancia para mellorar a vida da xente. Moitas delas, realmente importantes, saíron adiante e están sendo aplicadas.

Por citar apenas uns exemplos, conseguimos desbloquear despois de moitos anos de incumprimentos a transferencia a Galiza da AP-9 a través da aprobación dunha lei que traspasa ao goberno da Xunta a titularidade e xestión desta infraestrutura.

Logramos tamén bonificacións e descontos nas peaxes da AP-9 e da AP-53 e a modernización e electrificación da vía no tren que une Lugo e Ourense. Así mesmo, conseguimos que o Goberno español incrementase o financiamento da dependencia e que a nova lei recolla sen ambigüidades a obriga de que o Estado financie o 50% do SAAD e que o Estado asumise a condonación de 4.000 millóns de euros da débeda pública galega malia o rexeitamento do goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza.

INTRODUCIÓN ·