29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 6 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

Outros compromisos que estaban en andamento ficaron no ar polo adianto electoral. Porén, algunhas outras medidas acordadas -témolo que dicir con claridadenon foron cumpridas polo goberno do PSOE-Sumar. En todo o caso, é claro que a responsabilidade polos incumprimentos é de quen non cumpre, o que nos leva directamente á reflexión de que máis forza para o BNG e maior representación tamén é necesaria para ter capacidade de obrigar os gobernos españois a cumprir con Galiza.

O BNG foi nestes anos vangarda no Congreso e no Senado na defensa de políticas rupturistas, transformadoras e de avance social. Do impulso ás pensións mínimas e non contributivas por riba do IPC ao aumento dos permisos de maternidade e paternidade; da exixencia de derrogación da Lei da Mordaza ou da reforma laboral do PP de forma íntegra, á defensa da redución da xornada a 35 horas sen mingua salarial; de propostas para atallar a escalada de prezos que afogan as clases populares, ao impulso de medidas valentes e eficaces para garantir o dereito a unha vivenda digna fronte á especulación inmobiliaria...

Vangarda tamén na defensa de políticas de Paz e antiimperialistas fronte á escalada bélica, ao aumento do gasto militar, ás agresións do imperialismo norteamericano, ao xenocidio perpetrado polo sionismo en Palestina ou ao sometemento da UE e do Estado español aos ditados dos EUA e da OTAN.

Aliás, fomos e somos unha voz firme contra as políticas de involución democrática e de recorte de dereitos sociais impulsada polo bloque reaccionario encabezado polo Partido Popular. Comprometémonos a que, se do BNG depender, o PP non chegaría ao goberno e actuamos en consecuencia. Mais tamén confrontamos con firmeza as dereitas ultras, denunciando as súas políticas e a demagoxia que as envolven, mesmo empregando a experiencia práctica de xestión de Núñez Feixoo no Goberno galego durante 13 anos. Hoxe, o compromiso antifascista do BNG mantense íntegro, coa certeza de sermos a forza determinante en Galiza para cortar o paso do bloque reaccionario.

INTRODUCIÓN ·