29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 59 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

persoas propietarias, organizacións ambientais e sectores económicos afectados.

Someter tamén os permisos de investigación con intervención física no territorio a avaliación ambiental, incluíndo sondaxes, gabias, accesos, captacións de auga e efectos acumulativos con outros proxectos.

Restrinxir as explotacións mineiras a ceo aberto e prohibir as tecnoloxías que empreguen cianuro ou outras substancias de especial perigo para a saúde e o ambiente.

Vincular o outorgamento dos dereitos mineiros á transformación industrial dos recursos no territorio, á creación de emprego de calidade, ao desenvolvemento tecnolóxico e ao peche dos ciclos produtivos en Galiza.

Evitar a simple exportación de minerais sen transformar , incorporando ás concesións compromisos obrigatorios de procesamento, investigación, industrialización e xeración de valor engadido no país.

Priorizar a redución da demanda, a reciclaxe, a reutilización e a minaría urbana fronte á apertura de novas explotacións, particularmente no ámbito das materias primas críticas.

Reforzar a responsabilidade ambiental do operador , mediante garantías financeiras suficientes, responsabilidade durante toda a vida da explotación e obriga de restaurar integralmente os terreos e as augas afectadas.

Crear un Fondo de Restauración Ambiental e Paisaxística, financiado principalmente mediante taxas, avais e achegas obrigatorias das empresas mineiras, para recuperar minas e canteiras abandonadas sen trasladar os custos ao erario público.

Reformar coordinadamente o réxime de residuos mineiros , especialmente o Real decreto 975/2009, endurecendo as condicións aplicábeis ás balsas, entulleiras, augas contaminadas, peche das explotacións e vixilancia posterior.

Impedir que a declaración dun proxecto como estratéxico rebaixe as garantías ambientais ou de participación pública , deixando claro que esa cualificación non crea por si soa unha presunción prevalente de utilidade pública.

Recoñecer capacidade de veto ou informe vinculante ás administracións territoriais afectadas cando o proxecto comprometa o abastecemento de auga, espazos protexidos, actividades económicas estratéxicas ou valores patrimoniais incompatíbeis coa explotación.

A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS ·