29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 58 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

coñecemento, investigación e aproveitamento á planificación e ao control públicos.

Facultar aa Galiza para declarar zonas de reserva mineira permanente , especialmente nos xacementos de minerais estratéxicos, garantindo o seu aproveitamento mediante iniciativa pública ou baixo control público efectivo.

Estabelecer unha participación pública obrigatoria mínima do 20% nos proxectos de investigación e explotación de minerais estratéxicos.

Condicionar o outorgamento de novos dereitos mineiros á existencia dunha planificación sectorial previa , sometida a avaliación ambiental estratéxica e coordinada coa ordenación territorial, ambiental e económica.

Delimitar zonas incompatíbeis coa actividade mineira , atendendo á protección dos espazos naturais, do patrimonio cultural, dos recursos hídricos, das captacións de abastecemento e dos solos agrarios, gandeiros e forestais de especial valor.

Incorporar o principio de precaución e a prevalencia da protección da auga , da saúde e das actividades económicas asentadas no territorio como criterios vinculantes para autorizar ou denegar dereitos mineiros.

Eliminar a prioridade automática do titular dun permiso de investigación para obter posteriormente a concesión de explotación, sometendo esta última a unha avaliación independente do interese público e, cando corresponda, a concorrencia competitiva.

Impedir a especulación cos dereitos mineiros , esixindo autorización administrativa para a súa transmisión, acreditación do titular real, solvencia técnica e financeira e caducidade efectiva ante a inactividade ou o incumprimento das condicións.

Reducir a duración das concesións e eliminar as prórrogas automáticas, estabelecendo revisións periódicas do cumprimento ambiental, social, laboral e industrial como requisito para manter o dereito mineiro.

Garantir a máxima transparencia, mediante un rexistro público e accesíbel dos dereitos mineiros , titulares reais, transmisións, proxectos, estudos xeolóxicos, autorizacións, sancións, garantías financeiras e plans de restauración.

Ampliar os prazos de información pública e asegurar a participación efectiva dos concellos, comunidades de montes, A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS ·