29N / calculadora de afinidad
← Propuestas de BNG

Programa 2026 de BNG · página 7 de 91

Abrir el PDF en esta página ↗

O valor da coherencia O BNG mantivo sempre a coherencia na defensa dos intereses do pobo traballador galego e de avances en todos os ámbitos.

Fixémolo nun contexto especialmente complexo marcado por un Goberno que só cumpría cando era obrigado polas forzas soberanistas e unhas dereitas ultras cun claro programa de involución social e democrática.

As nosas posicións sempre estiveron guiadas polo interese do pobo galego, sempre coas mans libres sen que outras forzas marcasen ou condicionasen a nosa voz e o noso voto.

Mantivemos a independencia de criterio, actuando e votando sempre en función de se as medidas políticas en debate eran boas ou non para Galiza e a súa xente. Fomos -e somosa única forza para a que o pobo galego é quen máis ordena.

INTRODUCIÓN ·